Noticias

O Concello actualiza a situación do peche da rúa Pena Trevinca

A actualización sobre o peche da rúa Pena Trevinca confirma que a vía permanece cortada ao tráfico tras verificarse a existencia dun afundimento perigoso no subsolo.

Esta situación segue a supoñer un risco para a seguridade viaria, segundo informou o departamento municipal de Infraestruturas.

O Concello actualiza a situación do peche da rúa Pena Trevinca

Tal e como se informou na noticia orixinal, o luns, 26 de xaneiro, arredor das 17:00 h, detectouse un afundimento no firme, o que motivou a sinalización e balizamento inmediato da zona afectada.

O Concello actualiza a situación do peche da rúa Pena Trevinca
Foto: Concello de Ourense

Na mañá deste martes, 27 de xaneiro, ás 10:00 h, realizouse unha cata de control para comprobar o estado da base do pavimento. Esta actuación programouse expresamente para non interferir na entrada aos centros escolares da contorna.

Novo diagnóstico técnico

Os técnicos municipais confirmaron agora que baixo a lousa de formigón, que facía de base do antigo adoquinado, existe un oco de grandes dimensións. A documentación técnica revisada indica que non pasan redes de servizos —auga, saneamento nin gas— por ese punto concreto, polo que se mantén aberta a investigación sobre as causas do desprazamento de terras detectado.

Medidas vixentes

Como medida preventiva, mantense o corte total do tráfico na rúa Pena Trevinca. O peche prolongarase ata que finalicen os traballos necesarios para corrixir a deficiencia e garantir a estabilidade do firme e a seguridade da circulación.

Dende o Concello insístese en que os condutores empreguen itinerarios alternativos e agradécese a colaboración cidadá polas molestias ocasionadas por esta actuación de urxencia.

Botón volver arriba