Noticias

Ourense modifica os itinerarios das liñas 6, 11 e 13 polo avance das obras en Pena Trevinca

As obras de mellora na rúa Pena Trevinca, en Ourense, obrigan a modificar desde agora e ata novo aviso os percorridos das liñas 6, 11 e 13 do transporte urbano, segundo informa o Concello.

A actuación céntrase no tramo comprendido entre as rúas Serra de Queixa e Monte Seixo, o que afecta á circulación habitual dos autobuses.

Ourense modifica os itinerarios das liñas 6, 11 e 13 polo avance das obras en Pena Trevinca

Co obxectivo de garantir a mobilidade das persoas usuarias, o Servizo de Transporte Urbano estableceu itinerarios alternativos en ambos sentidos de circulación para as liñas afectadas.

1 – Cambios na liña 6 (Antiga Estación de Autobuses – As Curuxeiras)

  • Sentido As Curuxeiras: o traxecto realizarase pola rúa Emilia Pardo Bazán, con desvío pola rúa Serra Martiñá, San Mamede e Ramón Puga.
  • Sentido Antiga Estación: desde Ramón Puga, circulará por Serra Martiñá, rúa da Granxa e retomará o percorrido por Emilia Pardo Bazán.

2 – Cambios na liña 11 (Santa Mariña – O Viso)

  • Sentido Santa Mariña: manterá o paso pola rúa Pena Trevinca ata Serra de Queixa, onde se habilitará unha parada provisional no cruce coa rúa Monte Medo, para continuar pola rúa da Granxa.
  • Sentido O Viso: o itinerario discorrerá pola rúa da Granxa, Serra Martiñá, San Mamede, José Cornide, Nosa Señora da Saínza e rúa da Coruña.

3 – Cambios na liña 13 (Universidade Laboral – A Cuña – Palmés)

  • Sentido Berrocás – A Cuña (Universidade Laboral): o desvío efectuarase desde Emilia Pardo Bazán cara á rúa da Granxa e a rúa dos Berrocás.
  • Sentido Palmés: desde Ramón Puga, o servizo circulará por San Mamede, Serra Martiñá e rúa da Granxa, ata reincorporarse a Emilia Pardo Bazán.

Desde o Concello de Ourense indícase ademais que, mentres duren as obras, os autobuses destas liñas realizarán tamén as paradas correspondentes a outras liñas que se atopen incluídas nos novos percorridos alternativos.

Publicaciones relacionadas
Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.