Noticias

O PSdeG pregunta onde están as 330 bicicletas eléctricas

O PSdeG reclama ao goberno de Gonzalo Pérez Jácome que aclare onde están almacenadas as 330 bicicletas eléctricas adquiridas polo Concello e que medidas garanten a súa seguridade e conservación.

As socialistas denuncian que o servizo aínda precisa dunha ordenanza e dunha licitación, polo que a súa posta en marcha demorará polo menos seis meses. O grupo advirte de que podería quedar para o próximo mandato.

O PSdeG pregunta onde están as 330 bicicletas eléctricas

O proxecto supón un investimento de 1.258.400 euros, dos que 279.286,91 proceden dos fondos europeos Next Generation e o resto da achega municipal.

O PSdeG pregunta onde están as 330 bicicletas eléctricas.

O PSdeG tamén reclama garantías sobre o mantemento das baterías e a xustificación da subvención europea.

Botón volver arriba