O Concello de Ourense manterá toda a programación do Magosto 2026, previsto para este mércores 11 de novembro, e reforzará a instalación de carpas para protexer o público ante a previsión de chuvia.
As estruturas cubertas estarán na Praza Maior, Santa Eufemia, a rúa do Progreso, Bispo Cesáreo e a avenida de Pontevedra. Tamén se manterán as carpas habituais do bar e do reparto de castañas.
Ourense mantén o Magosto e instalará máis carpas pola chuvia
A festa, declarada de interese turístico, conservará a súa programación gastronómica e musical, coa única modificación da suspensión do porco ao espeto.

As actividades comezarán ás 18:00 h coa degustación de chourizo asado con bolo de masa nai, auga ou viño por tres euros, ademais de castañas gratuítas e callos.
Á mesma hora, a Praza Maior acollerá o Festival Folk San Martiño, con Ialma e Brañas Folk, acompañados por Pancho Álvarez, Susana Blanco e o cuarteto de zanfonas Zarandela, dirixido por Germán Díaz.
A xornada rematará coa actuación da orquestra Los Satélites, que ofrecerá baile na rúa do Progreso, xunto á Alameda, entre as 19:00 e as 22:00 h.
