A Policía Local de Ourense establecerá cortes de tráfico e prohibicións de estacionamento este xoves, 29 de outubro, polo partido entre o Auriense e o Deportivo da Coruña no campo do Couto.
O dispositivo especial comezará ás 18.30h e manterase ata o remate do encontro, ante a previsión dunha importante afluencia de afeccionados.
O partido Auriense-Deportivo provocará cortes de tráfico no Couto
Os cortes afectarán á rúa Ervedelo, en dirección ao centro da cidade, e á rúa Carlos Maside, ademais dos tramos afectados da propia Ervedelo. O transporte público urbano poderá acceder ás zonas restrinxidas.

O Concello tamén prohibirá estacionar na praza da Chave e na praza Sorolla para facilitar a mobilidade e reforzar a seguridade na contorna do estadio.

