O III Torneo de Mus Concello de Ourense-San Martiño celebrarase este sábado, 7 de novembro, no Liceo, cunha xornada de competición que repartirá trofeos e prazas para os campionatos de España e Galicia.
A competición comezará ás 10:00 h e prolongarase ata aproximadamente as 22:00 h.
O Liceo acolle o III Torneo de Mus San Martiño
Polo momento, xa hai medio cento de parellas inscritas, aínda que a organización espera superar as cen. O prazo permanecerá aberto ata o propio sábado.

O torneo conta co patrocinio do Concello de Ourense e coa organización da Asociación de Museros de Ourense (AMOU), que supera as mil persoas asociadas. A entidade destaca o crecemento desta práctica na cidade, onde a liga local reúne máis de 800 xogadores e xogadoras cada xoves, cunha importante presenza feminina.
Durante a presentación, o concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, destacou o papel do mus como espazo de encontro e relación social. Pola súa banda, Ana Vieira, tesoureira de AMOU, subliñou o nivel de participación que existe en Ourense e a importancia competitiva dunha cita que permitirá acceder a campionatos de ámbito autonómico e estatal.

