A Carreira Popular do San Martiño reunirá este domingo, 8 de novembro, 11.057 participantes, a cifra máis alta da súa historia desde que a proba se fixo de pago en 2012.
Esta cita consolídase así como a carreira máis multitudinaria de Galicia.
A San Martiño bate o seu récord con 11.057 inscritos
A edición de 2026 contará con 4.063 corredores na categoría absoluta, 2.926 nas categorías Sub18, Sub16 e Sub14, 2.073 nas Sub12 e Sub10 e outros 1.995 na modalidade inclusiva.

O Concello valora positivamente estes datos e destaca o crecemento da participación nos últimos anos. A organización tamén anuncia novidades para esta edición, que estreará percorrido, aumentará os premios económicos e reforzará a participación dos centros educativos da cidade.

