As obras de humanización e mobilidade vertical na contorna da rúa Rampa de Sas comezaron este xoves cun investimento de 3,59 millóns de euros e un prazo de execución de 12 meses.
O proxecto, promovido polo Concello de Ourense e executado por Prace Servizos e Obras, permitirá mellorar a accesibilidade entre a praza do Couto e a rúa Francisco Asorey, incluíndo tamén a rúa Frai Plácido Iglesias.
Ourense inicia a transformación de Rampa de Sas por 3,59 millóns de euros
A principal actuación será a instalación de seis tapices rodantes para salvar a forte pendente da rúa. Ademais, renovaranse os pavimentos, as redes de abastecemento e saneamento, as instalacións eléctricas, as telecomunicacións e a iluminación pública. O proxecto tamén contempla a creación e mellora de zonas verdes.


