Noticias

Adriana Álvarez toma o relevo en Vilardevós

Adriana Álvarez (34 anos) toma o relevo de Manuel Cardoso en Vilardevós para encabezar a candidatura do Partido Popular nas próximas eleccións municipais.

Adriana Álvarez toma o relevo en Vilardevós

Tras doce años como alcalde, Manuel Cardoso da o relevo en Vilardevós. «O PPdeOU garante seguir o camiño de progreso trazado por Manuel Cardoso, e que a partir do 28 de maio liderará unha muller completamente preparada pasa asumir os novos retos e seguir construíndo o futuro deste concello«, indica Manuel Baltar, presidente provincial.

Adriana Álvarez, candidata á alcaldía mostra a súa intención de «seguir consolidando os servizos públicos do concello». Tamén marca como obxectivos prioritarios para o futuro «fomentar os sectores da gandaría e agricultura, ademais de atraer novos emprendedores».

Adriana Álvarez toma o relevo en Vilardevós
Foto: PPdeOU

Botón volver arriba