Noticias

Agora Ourense inicia o camiño das municipais

A plataforma Agora Ourense inicia o camiño das eleccións municipais tras presentar o proxecto político no que conflúen varias formacións.

«Agora Ourense é o froito do compromiso e da xenerosidade dos partidos e dos distintos sectores da sociedade que aúnan as súas forzas dun xeito ilusionante para devolverlle a dignidade á cidadanía de Ourense», indica Toño Naval, candidato da coalición.

Agora Ourense inicia o camiño das municipais

O candidato desta formación estivo arroupado polas persoas que o acompañan nos primeiros postos da candidatura, Antía Vidal, Paco Molina e Lola Lunch. Vidal indicou que existe a «necesidade de fortalecer o tecido social e cultural do Concello, ademais de ofrecer alternativas á mocidade tras anos de desleixo».

Agora Ourense inicia o camiño das municipais

A plataforma, suma de seis formacións políticas, preséntase ás eleccións municipais do 28 de maio cun proxecto que cualifican de ilusionante, verde, feminista, cultural e participativo.

Forman Agora Ourense:

  • Recortes Cero
  • Alianza Verde
  • Ourense mellor
  • Podemos
  • Esquerda Unida
  • Verdes Equo Galicia

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.