Noticias

Ana Vázquez defende construír un millón de vivendas en España

A candidata do PP por Ourense propón rebaixar o IVE da vivenda nova ao 4 %, avais públicos e bonificacións fiscais para facilitar a compra e o alugueiro.

Ana Belén Vázquez, cabeza de lista do PP ao Congreso por Ourense, situou a vivenda entre as prioridades dun futuro Goberno de Alberto Núñez Feijóo e defendeu construír un millón de vivendas en España, con especial atención á mocidade.

Ana Vázquez defende construír un millón de vivendas en España

Entre as medidas propostas figuran a rebaixa do IVE da vivenda nova do 10 ao 4 %, avais públicos para compradores de ata 50 anos e bonificacións fiscais nos alugueiros de máis de tres anos.

Ana Vázquez defende construír un millón de vivendas en España
Foto: PP.

Vázquez tamén aposta por mobilizar solo público, axilizar licenzas urbanísticas e permitir dividir en dúas as vivendas de máis de 180 metros cadrados. Ademais, defendeu unha lei contra a ocupación ilegal que permita desaloxos en 48 horas.

Sobre Ourense, indicou que a construción dependerá dos terreos dispoñibles e do planeamento municipal. Tamén destacou que a Xunta prevé destinar 64 vivendas ao alugueiro social en decembro e criticou a falta de entregas de vivenda por parte do Goberno central na provincia.

Botón volver arriba