Eventos

Andaina Camiño Termal

A Andaina Camiño Termal é o froito da colaboración entre varias entidades e que se levará a cabo o sábado, 15 de outubro.

O trazado desta andaina pasará polos concellos de Cartelle, A Merca e Barbadás, entidades colaboradoras na realización da actividade.

Andaina Camiño Termal

Tamén colaboran na organización diversas asociacións que fan posible que poidamos percorrer unha parte do trazado que ocupaba a Vía Romana. A Asociación Cultural Camiño Termal ou a Asociación Veciñal San Bieito son algunhas das entidades implicadas.

No products found.

A saída para ciclistas e cabaleiros será ás 10h dende a localidade de Ponte de Freixo. Estes terán un percorrido de 17 Kms ata chegar ó punto de destino no Barreiro (Bentraces). Os camiñantes sairán á mesma hora (10h) de Pereira de Montes para un trazado de 10 quilómetros de lonxitude.

Andaina Camiño Termal

Ó remate da actividade, terá lugar xantar campestre no Barreiro (Bentraces). Por un prezo de 10€ os asistentes recibirán empanada, callos, churrasco, postre, viño e café. O prazo de inscrición remata o mércores, 12 de outubro.

Colaboran na organización da andaina:

  • Asociación Cultural Camiño Termal
  • Asociación Veciñal San Bieito
  • BTT de Bentraces
  • Asociación Gastronómica Fon Fon
  • Concello de Cartelle
  • Concello de A Merca
  • Asociación Cabaleiros de Barbadás
  • Concello de Barbadás

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba