Eventos

Vilardevós acolle unha andaina familiar aberta a todos os públicos

O próximo sábado 17 de maio celebrarase en Vilardevós unha andaina familiar gratuíta, organizada no marco do proxecto “Paisaxes para a saúde” da Xunta de Galicia.

A actividade, pensada para todos os públicos, terá lugar en Soutochao cun percorrido circular de 9 quilómetros e comezará ás 10:00 da mañá.

Vilardevós acolle unha andaina familiar aberta a todos os públicos

A ruta presenta unha dificultade media-baixa, o que a fai accesible para participantes de diferentes idades e condicións físicas. Os nenos e nenas poderán unirse a partir dos 8 anos, sempre que estean acompañados por unha persoa adulta.

Vilardevós acolle unha andaina familiar aberta a todos os públicos

Esta iniciativa enmárcase nun proxecto promovido pola Consellería de Sanidade e o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado pola Unión Europea, e busca fomentar os hábitos saudables e o contacto coa natureza nun entorno privilexiado como é o municipio de Vilardevós.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.