Eventos

Andaina pola Serra de Silva Escura

A I Andaina pola Serra de Silva Escura (Ramirás) abre o seu prazo de inscrición para participar nesta actividade que se realizará o sábado, 24 de xuño.

A inscrición nesta andaina será de balde e estará aberta ata o xoves, 22 de xuño. O percorrido da mesma terá saída e chegada na capela de San Paio dos Pitos (Ramirás).

Andaina pola Serra de Silva Escura

Os 10,5 km da andaina teñen unha dificultade moderada nun circuíto que presenta unha ruta circular. A subida ó alto da Moura (939 metros) é o primeiro desafío ó que se enfrontarán os participantes. Durante a ruta, os asistentes gozarán coas vistas do Val do Deva e o Miradoiro do Pao.

Andaina pola Serra de Silva Escura

A organización recomenda levar calzado de montaña para realizar esta andaina.

Perfil da andaina

Botón volver arriba