Eventos

O Carballiño celebra o Ano Castelao cunha xornada infantil

No marco da conmemoración do Ano Castelao, declarado neste 2025 polo 75 aniversario do pasamento de Daniel Rodríguez Castelao no seu exilio en Bos Aires, a A.C. Avantar organiza unha actividade especial dirixida ás crianzas no Carballiño.

A xornada, titulada “O redor de Castelao”, terá lugar o mércores 16 de abril ás 12h na Rúa Curros Enríquez nº 29, á altura do Ozocogz.

O Carballiño celebra o Ano Castelao cunha xornada infantil

Trátase dunha proposta lúdico-educativa para achegar a figura de Castelao aos máis pequenos mediante xogos, pasatempos, un obradoiro de debuxo e manualidades.

As crianzas participantes recibirán un marcapáxinas conmemorativo de Castelao e entrarán no sorteo dun libro. A actividade busca fomentar o coñecemento do legado artístico e político do autor rianxeiro, dunha maneira divertida e adaptada ao público infantil.

O Carballiño celebra o Ano Castelao cunha xornada infantil

Esta iniciativa súmase ás múltiples accións que ao longo do ano renderán homenaxe a unha das figuras máis emblemáticas da cultura galega do século XX.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.