Noticias

Antiq Auria reúne 40 anticuarios de cuatro países en Expourense

A feira internacional celebra a súa décima edición do 27 ao 29 de novembro con máis de 20.000 obxectos e unha gran subasta o domingo.

Antiq Auria reunirá 40 expositores de España, Portugal, Suíza e Francia en Expourense entre este venres 27 e o domingo 29 de novembro.

Antiq Auria reúne 40 anticuarios de cuatro países en Expourense

A Feira Internacional de Antigüidades celebra a súa décima edición con máis de 20.000 obxectos de diferentes épocas, desde os séculos XVIII e XIX ata as décadas dos 80 e 90 do século XX.

Antiq Auria reúne 40 anticuarios de cuatro países en Expourense
Foto: Expourense

A cita está organizada pola Asociación Memoria Antiga de Ourense, coa colaboración de Expourense e o apoio da Deputación. O 25 % dos expositores procede de Portugal, mentres que tamén participarán profesionais de Suíza e Francia, habituais en mercados europeos de referencia.

A oferta estará dividida en tres áreas: antigüidades, coleccionismo e vintage. Os visitantes poderán atopar mobiliario, xoguetes, reloxos, xoias, porcelanas, obxectos de prata, moedas, selos, artigos militares e pezas decorativas de diferentes épocas.

A feira tamén permitirá aos particulares tasar e vender obxectos antigos que conserven nas súas casas, ademais de fomentar a reutilización e dar unha segunda vida a pezas que forman parte da historia e do patrimonio cotián.

Subasta de antigüidades o domingo

Un dos principais atractivos desta décima edición será a gran subasta prevista para o domingo 29 de novembro ás 12.00 horas. Cada expositor achegará unha peza para a poxa, que contará cunha trintena de artigos e prezos de saída desde os 5 euros.

A organización destaca que esta actividade ofrece a oportunidade de adquirir pezas singulares a prezos accesibles e anima os visitantes a participar.

Horarios e entradas

Antiq Auria abrirá o venres 27 de novembro de 16.30 a 21.00 horas. O sábado 28 e o domingo 29 poderá visitarse de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.00 horas.

A entrada custa 3 euros, mentres que os menores de 12 anos poderán acceder de balde.

Botón volver arriba