Os responsables de Comisións Obreiras anuncian unha denuncia contra Pérez Jácome polo incidente acontecido o martes diante do Concello. Ana Barrios, secretaria xeral comarcal, indicou que «condenamos enerxicamente a actuación violenta do alcalde de Ourense». Na mesma roda de prensa, o sindicato solicitou o PP que tome decisións. «O señor Rueda ten que tomar a primeira decisión do seu mandato».
