A Arca da Noe presenta unha completa programación musical para o mes de maio en Vilar de Santos, con actuacións que combinan artistas galegos e portugueses de distintos estilos.
Este espazo cultural continúa así a súa aposta pola cultura de proximidade e pola dinamización da vida social en Vilar de Santos.
Concertos en maio na Arca da Noe de Vilar de Santos
As actividades comezan o xoves 1 de maio, ás 19:00 horas, co concerto de Lucia Cortiñas, Arthur Alves e Adrián Lara. Ás 20:30 será a quenda de Mabel Flores. O venres 2 de maio, ás 22:30 horas, actuará Paul Alvarez Project.
Será o sábado 3 de maio, ás 20:30 horas, cando terá lugar o Encontro Diatónico, organizado por Codia. Este encontro incluirá o concerto de De Botons e unha foliada aberta.
O domingo 4 de maio, ás 13:30 horas, MariCarme ofrecerá un concerto de mediodía. A seguinte cita será o venres 9 de maio, ás 22:30, coa actuación de Paula Ferré. O sábado 10, á mesma hora, tocará Varalonga, e o domingo 11, ás 13:30, será a quenda de Peter, Ralph & Teri.
A programación continúa o venres 23 de maio, ás 22:30, con Gael de Papel e o sábado 24, tamén ás 22:30, coa actuación conxunta de Susana Travassos & Luizga.
O domingo 25 de maio, a partir das 12:00 horas, A Arca da Noe acollerá un mercado de produto local e artesanía. Durante o mercado actuarán Tres Pesos, Jara Ortiz e Coanhadeira.
Para rematar o mes, Candela Liste ofrecerá un concerto o venres 30 de maio ás 22:30 e Sheila Patricia actuará o sábado 31 ás 22:30 horas.
