Eventos

Artesanía e Produto Local en Vilar de Santos

O X Mercado de Artesanía e Produto Local terá lugar este domingo, 22 de outubro, en Vilar de Santos cun programa de actividades que abrangue toda a xornada.

Música, contos ou charlas son algunhas das actividades que van parellas a este mercado de exaltación dos produtos de proximidade.

Artesanía e Produto Local en Vilar de Santos

O concello de Vilar de Santos colabora activamente con esta iniciativa que chega en 2023 á súa 10ª edición.

  • 12:30h: Demostración do traballo do liño. Concerto das «Xingras da Arca» no Museo etnográfico da Limia.
  • 13:30h: Concerto das Terreiras na A Arca da Noe.
  • 16:00h: Contos para nenos e nenas con Inma Soto: «Quen é Xela?» no Museo da Limia.
  • 17:00h: Conversa: «Pasado, presente e futuro do liño», con A Arracada Asociación de Mulleres Rurais, Mercedes de «Lumecú» e «PAL.lium» no Museo da Limia.
  • 19:00h: Mostra de roupa de liño no Museo da Limia.
  • 19:30h: Presentación da «Revista Galega de Educación«, publicación de Nova Escola Galega: «Andar cos tempos das músicas» na Arca da Noe.
  • 20:00h: Concerto da A banda da Loba na Arca da Noe
Artesanía e Produto Local en Vilar de Santos

Botón volver arriba