A área social do COB mete unha tripla en inclusión coa posta en marcha do proxecto «DisCOB» que permitirá seguir os partidos ás persoas cegas.
Desde este sábado, no encontro contra o Melilla, as persoas cegas que acudan ó Pazo dos Deportes Paco Paz poderán seguir a retransmisión do encontro.
A área social do COB mete unha tripla en inclusión
Millán Brea, responsable da Área Social do Club Ourense Baloncesto, presentou este proxecto no que colabora a ONCE e que conta cun grupo de traballo de oito persoas. Dúas delas encargaranse de retransmitir cada partido a través dunha canle específica da app Discord.
![A área social do COB mete unha tripla en inclusión](https://ourensenarede.com/wp-content/uploads/2023/12/cob-discob-millan.jpg)
O Club Ourense Baloncesto é o primeiro de Galicia e a LEB Ouro en apostar por achegar o baloncesto ás persoas cegas mediante un proxecto que será totalmente gratuíto.