Eventos

Lucenza celebra as festas de Santa Marta

A localidade de Lucenza, no concello de Cualedro, celebra as festas de Santa Marta os días 27, 28 e 29 de xullo de 2024.

Variadas e interesantes actividades para todas as idades forman parte do cartel das festas desta localidade.

Lucenza celebra as festas de Santa Marta

Na primeira xornada, o sábado, 27 de xullo, terá lugar o V Paseo Nocturno polo Larouco. Esta actividade comezará ás 23h e conta cunha distancia de 5 quilómetros. A saída está prevista desde o local social de Lucenza-Cualedro.

Lucenza celebra as festas de Santa Marta

O domingo, 28 de xullo, os máis cativos serán os protagonistas coa IV Festa do Verán. Nesta proposta lúdica non faltarán os inchables de auga, a escuma e os xogos populares. Esta actividade terá un horario de 16 a 20h.

Para o terceiro e último día, o luns 29, atopamos os actos litúrxicos e actuacións musicais. Ás 11h comezará a misa solemne na igrexa e posterior romaría á capela de Santa Marta. Estes actos contarán co acompañamento musical dos Gaiteiros de Verín.

Lucenza celebra as festas de Santa Marta

A sesión vermú e a festa a partir das 20h será amenizada detrás do local social pola charanga Los Támega.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.