Noticias

A Xunta impulsa o relevo xeracional no agro en Cualedro

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, destacou en Cualedro o impulso ao relevo xeracional no agro.

Fixo tras visitar dúas explotacións beneficiarias de axudas autonómicas destinadas a fortalecer o sector primario.

A Xunta impulsa o relevo xeracional no agro en Cualedro

Acompañado polo alcalde, Luciano Rivero, o representante autonómico coñeceu a explotación gandeira de Silvia Atanes, que recibiu unha achega de 50.000 euros para a incorporación de mozos agricultores.

A Xunta impulsa o relevo xeracional no agro en Cualedro
Foto: Delegación da Xunta

Tamén visitou a empresa Gandería Xuster, que percibiu máis de 17.000 euros para a modernización e mellora das súas instalacións.

Estas subvencións enmárcanse na última resolución da Consellería do Medio Rural, orientada a garantir a continuidade do tecido agrario e a incrementar a competitividade das explotacións.

Durante a visita, Pardo lembrou que está aberto o prazo dunha nova convocatoria destas axudas. Este novo prazo conta cun orzamento global de 53 millóns de euros e pode solicitarse ata o vindeiro 9 de abril. Do total, 23 millóns destinaranse á incorporación de persoas mozas ao agro, mentres que os 30 millóns restantes financiarán plans de mellora vinculados a esas incorporacións.

O delegado subliñou que se trata da convocatoria con maior dotación económica desde 2018. Tamén explicou que permitirá dar cobertura a solicitudes do exercicio anterior, mantendo as mesmas condicións en aspectos como prazos de investimento ou idade máxima.

Segundo indicou, o obxectivo destas medidas é mellorar a estrutura produtiva das explotacións galegas, favorecer unha dimensión adecuada e equilibrar os factores de produción. Ademais, búscase rexuvenecer a poboación activa agraria, fomentar o emprego no sector e fixar poboación no rural, con especial atención ao papel das mulleres.

Botón volver arriba