Deportes

Galicia achega catro atletas ao Mundial de Cros Sub20

Catro atletas galegas sitúan de novo o atletismo galego no primeiro plano internacional tras seren incluídos na preselección española para o Campionato do Mundo de Campo a Través Sub20.

Este campionato celebrarase o vindeiro 10 de xaneiro en Tallahassee (Estados Unidos).

Galicia achega catro atletas ao Mundial de Cros Sub20

A Real Federación Española de Atletismo (RFEA) fixo pública unha lista inicial de vinte deportistas que cumpren os criterios técnicos marcados polo seleccionador nacional, José Peiró, en coordinación coa Dirección Deportiva do organismo estatal.

Galicia achega catro atletas ao Mundial de Cros Sub20
Foto: Federación Galega de Atletismo

Entre eles figuran catro galegas e galegos. Este feito supón un importante recoñecemento ao traballo que se realiza en Galicia desde as categorías de base.

A categoría Sub20, con claro protagonismo galego

Na categoría feminina Sub20, Galicia contará coa presenza das irmás Debris e Demeku Paniagua. Tamén se suma Sandra González, quen vén de acadar a medalla de bronce por equipos no Campionato de Europa de Cros disputado a pasada fin de semana. As tres atletas consolidáronse como referentes estatais grazas á súa regularidade, capacidade competitiva e resultados destacados tanto en campo a través como en pista.

A súa evolución deportiva, marcada pola constancia e a madurez competitiva pese á súa xuventude, sitúaas entre as atletas máis prometedoras do atletismo español nesta disciplina.

Na categoría masculina Sub20, o representante galego será o lucense Teo de Frutos, un fondista cunha traxectoria sólida desde as categorías de formación. De Frutos destacou nos campionatos nacionais de cros e pola súa capacidade para competir ao máis alto nivel. Teo de Frutos converteuse nun dos nomes propios do atletismo xuvenil estatal.

O cros galego, unha tradición que se renova

Esta preselección reforza o excelente momento que atravesa o atletismo galego. Esto conecta cunha longa tradición de presenza galega nos grandes campionatos internacionais de campo a través. Galicia volve confirmar o seu papel como unha das comunidades de referencia nesta modalidade a nivel estatal.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.