O Auriense CA presentou o seu novo autobús oficial, co que promocionará os atractivos turísticos da cidade. Ó mesmo tempo, prepara o partido da Copa do Rei contra o Deportivo da Coruña, que se disputará o 29 de outubro, ás 21:00 h, no campo do Couto.
Este vehículo, luce imaxes de lugares emblemáticos como As Burgas, as pontes, a Catedral e a Torre, baixo o lema A suma de todos. O autobús acompañará o equipo nos seus desprazamentos durante a tempada 2026/2027.
O Auriense promociona Ourense e prepara a visita do Dépor
No acto participaron o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o presidente do club, Manu Cerón. O rexedor felicitou o Auriense pola súa clasificación para a Copa do Rei e augurou un ambiente «espectacular» no encontro.

Esta campaña, o club ourensán da Preferente Autonómica, acadou esta clasificación tras gañar a Supercopa de Galicia.
O presidente do Auriense animou a afección a acudir ao Couto para «ver un partido de primeira». A entidade prepara unha gran festa do fútbol ourensán, con fanzone, DJ e actividades para nenos e maiores, en colaboración coa Real Federación Galega de Fútbol e o Deportivo.

