Eventos

Avantar celebra o seu 50º aniversario

A Agrupación Cultural Avantar do Carballiño celebra o seu 50º aniversario cun programa de actividades que contén música, literatura e arte.

Desde os seus inicios no ano 1974, Avantar foi unha agrupación de gran relevancia que desenvolveu unha intensa labor a prol da cultura e a lingua. A iniciativa que puxeron en marcha un grupo de mozos e mozas do Carballiño chega a 2024 consolidada como unha das entidades máis lonxevas e activas de Galicia.

Avantar celebra o seu 50º aniversario

Parte da programación coa que Avantar celebrará o seu 50º aniversario atopámolo nos meses de abril e maio.

Avantar celebra o seu 50º aniversario

Palestra: Espertando conciencia de nación

Interveñen: Felipe Senén, Cesar Varela, Xan Alfonso García e Ana Isabel Rodríguez

Modera: Darío Ángel Rodríguez

Data: 22 de Abril

Hora: 20.30h

Lugar: Casa da Cultura do Carballiño

Palestra: Fútbol e identidade

Interveñen: Luís Eiré e Xosé Godoy

Data 14 de Maio

Hora: 20.30h

Lugar : Casa da Cultura

Roteiro Manuel María

Actividade dirixida o alumnado dos centros educativos do pobo e bisbarra, consiste no percorrido polos distintos fitos-poemas ubicados nos lugares que aparecen no libro “Cantigueiro do Orcellón” de Manuel María

Data:

23 de Maio alumnado de primaria

24 de Maio alumnado de secundaria

Saída dende o anfiteatro da Veracruz ás 11h.

Guía do percorrido: Darío Ángel Rodríguez

Gaiteiro: Alex Graña

Fo-liada

Actividade na rúa con actuación de diferentes grupos de gaitas, pandeiretas, percusión, bailadoras e bailadores coa participación de grupos de outras localidades da Galiza. Percorrido por distintos locais de hostalaría da vila.

Data: 25 de Maio

Hora: 20.30h

Encontro e saída dende o Bar Pendello na rúa da Cerca e percorrido pola rúa Perfectino Vieitez, bares Paco, Gelo e A Comarca, rúa Aldara Bar Caserío e remate na Bodega na Baixada a Flores Flores

Botón volver arriba