A Subdelegación do Goberno en Ourense colgou esta mañá a bandeira LGTBI+ na súa fachada, coincidindo coa semana do Orgullo.
O acto simboliza o compromiso do Goberno de España coa defensa dos dereitos e liberdades das persoas LGTBI+, segundo destacou o subdelegado Eladio Santos.
A Subdelegación de Ourense aposta pola diversidade
“Non podemos dar nin un paso atrás”, advertiu Santos, quen chamou a todas as institucións da cidade a sumarse a esta reivindicación “tan xusta e necesaria”. A bandeira permanecerá visible durante toda a semana como mostra de apoio á diversidade e á igualdade.

O subdelegado tamén salientou os avances sociais impulsados polo Executivo central, como a lei do matrimonio igualitario, que cumpre 20 anos este 2025. “España é referente para o mundo en dereitos LGTBI+”, asegurou.