Eventos

Barbadás a Bocados 2024

O VII Concurso de Petiscos «Barbadás a Bocados» chega neste 2024 coa participación de 14 establecementos hostaleiros.

Este evento gastronómico terá lugar os días 13 e 14 de setembro para mostrar a calidade e creatividade dos establecementos participantes.

Barbadás a Bocados 2024

A concellería de comercio de Barbadás impulsa esta nova edición dun concurso gastronómico que se consolida grazas a alta participación que rexistraron todas as edicións anteriores.

Os establecementos participantes optarán ós premios que outorga o xurado profesional e tamén os que decidirán os asistentes mediante unha votación popular.

Participantes no Barbadás a Bocados

Barbadás a Bocados 2024

BAR O REGUEIRO

  • Nome do Pincho: SALVAJE
  • Ingredientes: tomate, cebola, pemento, allo, cenoria, aceite de oliva, arroz, sal, pementa negra, pementón e xabarín.

PIZZERÍA ESTILO

  • Nome do Pincho: PINCHO EMILIANO
  • Ingredientes: pan, mozarella, mortadela, pistachos

A COVA DO SAVIO

  • Nome do Pincho: NUESTROS ORÍGENES
  • Ingredientes: Filloa, champiñóns, xamón york, crema de queixo, crocante

NOVO ANGAZO

  • Nome do Pincho: TACO BURGUER
  • Ingredientes: Filloa de trigo, carne picada, queixo cheddar, guacamole, tomate e cebola.

O CHICOTE

  • Nome do Pincho: PAELLA
  • Ingredientes: arroz, marisco, polo, pemento, cebola.

TAPERÍA TARONA

  • Nome do Pincho: TORPEDO LANGOSTINO
  • Ingredientes: Lagostino, rebozado crocante, crema de limón

A LO MARACUCHO

  • Nome do Pincho: PINCHO MARACUCHO
  • Ingredientes: Plátano macho, carne picada, tomate, cebola, cilantro

CACHO PIZZA

  • Nome do Pincho: FRUTTI DI MARE
  • Ingredientes: crema iogur, mozzarella Fior di Latte, zamburiñas, gambas e mexillóns

ALENTO VILLAVIDAL

  • Nome do Pincho: COOKIE FRAMBUESA
  • Ingredientes: fariña, auga, manteiga, galletas, coco, chocolate, framboesas, fresas, marmelada de framboesa

WAKANDA

  • Nome do Pincho: GEMA DEL INFINITO
  • Ingredientes: pan transparente, polo mechado a la matriarcada

OREN EXPRESS

  • Nome do Pincho: BURGUER PULL ROLL
  • Ingredientes: cabeza lomo (porco) adobada e triturada, col morada, maionesa, kimchi, crocante, cebola en mini pan de hamburguesa

CLARET´S FOOD

  • Nome do Pincho: ENCANTO CARIBEÑO
  • Ingredientes: carne mechada, arroz branco, plátano macho, feixóns negros, queixo

BAR A NOVA FAROLA

  • Nome do Pincho: A RICHADIÑA DO CRIS
  • Ingredientes: tenreira, cebola e pataca

TAPERÍA ALECRIN

  • Nome do Pincho: ALECRIN
  • Ingredientes: pan, cogomelos, solombo de porco, queixo de Arzúa

Botón volver arriba