Noticias

Wakanda e A Cova do Savio son os gañadores do Concurso Barbadás a Bocados

Os establecementos Wakanda e A Cova do Savio son os gañadores do Concurso de pinchos Barbadás a Bocados nas categorías de xurado profesional e popular respectivamente.

Durante a entrega de premios que se celebrou no salón de plenos do concello de Barbadás ofrecéronse algunhas cifras do evento.

Wakanda e A Cova do Savio son os gañadores do Concurso Barbadás a Bocados

O concurso de pinchos de Barbadás logrou unha participación récord de 18 establecementos que serviron 10.000 pinchos durante a fin de semana. Unha vez máis, destacou a alta calidade das distintas propostas gastronómicas que se ofreceron neste concurso.

A organización outorgaba dous premios, un que decidía un xurado profesional e outro que sería o resultado dunha votación popular. Con apenas dous meses de vida, o establecemento Wakanda logrou o primeiro premio do xurado profesional e o segundo do xurado popular co seu pincho M’Baku.

Premio do Xurado Popular

  • 1º premio para A Cova do Savio co pincho Aine
  • 2º premio para Wakanda co pincho M’Baku

Premio do Xurado Profesional

  • 1º premio para Wakanda co pincho M’Baku
  • 2º premio para O Bar dos Patos co pincho Taco de Orella
Wakanda e A Cova do Savio son os gañadores do Concurso Barbadás a Bocados
Foto: Concello de Barbadás

Os gañadores reciben como premio un fin de semana en Oporto e a maiores, os primeiros de cada categoría levaron un xamón de Coren. Todos os establecementos participantes recibirán lotes do Consello Regulador da D.O. Ribeiro e da cervexa Esmorga.

Durante o acto tamén se entregaron os 6 cheques de 50€ para mercar no comercio local que se sortearon entre os participantes na votación popular. Marga Pérez, concelleira de comercio, destacou «a gran afluencia que se rexistrou nos establecementos hostaleiros participantes, tamén de veciños e  veciñas doutros concellos».

Botón volver arriba