Eventos

Barbadás celebra a Rosalía de Castro

O concello de Barbadás celebra a Rosalía de Castro este venres, 23 de febreiro, con varias actividades que terán lugar na Biblioteca Municipal.

Un 23 de febreiro de 1837 nacía en Santiago de Compostela María Rosalía Rita de Castro, quizais a maior referencia literaria de Galicia.

Barbadás celebra a Rosalía de Castro

Coincidindo co día do seu nacemento, numerosas entidades e institucións celebran o 23 de febreiro o Día de Rosalía de Castro.

En Barbadás, a Biblioteca Municipal acollerá varias actividades que comezarán ás 19h.

  • Lectura do Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).
  • Lectura pública da obra de Rosalía.
  • Música ao vivo.
  • Entrega de agasallos aos grandes lectores e lectoras da Biblioteca Municipal de Barbadás.
Barbadás celebra a Rosalía de Castro

Botón volver arriba