Eventos

Barbadás presenta a programación do 25N

O concello de Barbadás presenta a programación do 25N que consta de varias propostas para toda a cidadanía.

O Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres é o momento no que moitos concellos presentan un programa de actividades para abordar esta problemática.

Barbadás presenta a programación do 25N

No concello de Barbadás, os actos comezaron xa no mes de outubro con obradoiros impartidos ó alumnado do CEIP Filomena Dato, IES Ferro Couselo e Colexio Plurilingüe Luis Vives.

A programación do 25N en Barbadás continuará cos actos previstos para os días 22, 23, 25 e 29 de novembro.

  • 22 de novembro – Reunión da Mesa Local de Coordinación Institucional fronte á Violencia de Xénero.
    10h no Salón de plenos do concello de Barbadás.
  • 23 de novembro – Obradoiro de autodefensa para as mulleres.
    11 a 13h na Casa da Mocidade.
  • 25 de novembro – Lectura Manifesto polo Día Internacional Fronte á Violencia Contra as Mulleres.
    12h na Casa do Concello de Barbadás.
  • 29 de novembro – Teatro «The Witch» de Diana Sieira.
    20h na Casa da Cultura Manuel María.
Barbadás presenta a programación do 25N

Botón volver arriba