Eventos

Barbadás presenta un amplo programa para o 25N

O concello de Barbadás presenta un amplo programa para conmemorar o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller.

No acto de presentación da programación estiveron presentes representantes do goberno municipal e do Centro de información á Muller de Barbadás.

Barbadás presenta un amplo programa para o 25N

Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, sinalou que «para o noso goberno é unha prioridade absoluta ter presente este día, precisamente porque en relación á violencia de xénero está habendo un certo retroceso na concienciación e na importancia que ten esta situación».

I love Barbadás Camiseta
  • I love Barbadás
  • I love Barbadás – Regalos de la ciudad
  • Ligero, Encaje clasico, Manga de doble puntada y bastilla baja

Quixo afondar nesta problemática o alcalde facendo referencia a estudios que indican que «para preto dunha cuarta parte da xuventude a violencia de xénero non é un problema grave». Ante esta situación «temos que traballar na eliminación dos micro-machismos».

Barbadás presenta un amplo programa para o 25N

Elisabet González Nistal, concelleira de Igualdade, quixo destacar que «como todos os anos, unha vez máis, o concello de Barbadás, súmase á conmemoración do día 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres». Para esta conmemoración, o concello programou actividades «ao longo dos meses de novembro e decembro».

No acto tamén estiveron presentes Victoria Morenza, tenente de alcalde de Barbadás, María Armada, técnica de igualdade do CIM de Barbadás e Mónica González, psicóloga do CIM de Barbadás.

Programación do 25N en Barbadás

  • 4 de novembro
    “Agresión Off: eu digo non á violencia de xénero” – Stand Informativo nas inmediacións da rotonda da familia dende as 16:00h ata ás 22:00h.
  • 4 de novembro
    Inauguración da exposición de pintura “Disconformes…” de Ana Ferreiro na Sala de exposicións da Casa da cultura Manuel María (ata o 9 de decembro).
  • 18 de novembro
    Obra de teatro “Golpes” na Casa da Cultura Manuel María.
  • 26 de novembro
    Obradoiro autodefensa para mulleres na Casa da Mocidade ás 11:00h.
  • 2 de decembro
    Mesa de Coordinación Inter-institucional fronte á violencia de xénero do Concello de Barbadás, ás 10:00h no Salón de Plenos do Concello.
  • 2 de decembro
    Teatro “Por unha peseta” da compañía Apatacón ás 20h na Casa da Cultura.
  • 14 a 16 de decembro
    Obradoiros titulados “Quérote, Quérome” para a prevención da violencia machista dirixidos ao alumando de 4º e 5º de Primaria do Filomena Dato e O Ruxidoiro e a 1º da ESO do Luis Vives e do Ferro Couselo.
  • 16 de decembro
    Inauguración da exposición de pintura “Acrílico sobre 50 sombras de Grey e Lorazepán”, arte contra a violencia de xénero da artista Ana Peaguda. (ata o 3 de xaneiro de 2023).
Barbadás presenta un amplo programa para o 25N

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba