Noticias

O ourensán Izan Justo, ouro no Certame Nacional de Acordeón

O músico ourensán Izan Justo proclamouse gañador do primeiro premio na Categoría 4 (ata 14 anos) do 58º Certamen Nacional de Acordeón e 5º Certamen Acordeón Splash.

Este concurso celebrouse os días 20, 21 e 22 de xuño de 2025 nos conservatorios Profesional e Superior da Coruña.

O ourensán Izan Justo, ouro no Certame Nacional de Acordeón

Na súa categoría, o podio completárono Henar San Emeterio, que obtivo a prata, e Guiomar Ordóñez, que se fixo co bronce.

O ourensán Izan Justo, ouro no Certame Nacional de Acordeón
Foto: redes sociais

Con só 12 anos, Izan Justo estuda acordeón no Conservatorio Profesional de Música de Ourense e na Escola da Asociación Música e Cultura de Galicia, desde onde está a destacar como unha das novas promesas do panorama musical. Na súa participación neste concurso, Izan interpretou as obras Bossa- nova – V. Vlasov e Pok Tokkatta – E. Derbenko.

Este novo recoñecemento súmase a un palmarés xa notable para a súa idade: dous premios no Certame Mestre Vide de Ourense e dous máis no Certamen Aris del Puerto de Ponferrada, demostrando unha traxectoria ascendente e un talento temperán.

A súa vitoria no certame da Coruña confirma o seu alto nivel interpretativo.

Resultados del 58º Certamen Nacional de Acordeón y 5º Certamen Acordeón Splash

Listado de los ganadores de esta edición:

Premios del 58º Certamen Nacional de Acordeón

Categoría Senior Clásico – Nuno Estévez Pazó
Categoría Senior Varieté – André Labraña Areca
Música de Cámara Senior – Obraggio

Premios del 5º Certamen Acordeón Splash

Categoría 1C – Desierto
Categoría 1D – Brais Represas López
Categoría 2 – Iria Samaniego
Categoría 3 – Gabriel García Pesquera
Categoría 4 – Izan Justo Calviño
Categoría 5 – Matey Sergeev
Categoría 6 – Desierto
Categoría 7 – Laura Cabo Rodríguez
Categoría 8 – Desierto
Categoría 9 – Pablo Ares Otero
Categoría 10 – Desierto
Categoría 11 – Iciar Nores García
Categoría 12 – Aureliano Martín Ramos
Categoría 14A – Gómez Setién
Categoría 14B – Desierto
Categoría 14C – Fisarmónica en Blues
Categoría 15B – Desierto
Categoría 15C – SeeFol
Categoría Orquestas E – Banda Metropolitana de Acordeóns
Categoría Orquestas F – Árgonat Band

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.