O concello de Barbadás quere reducir as perdas de auga do sistema de abastecemento municipal mediante a redacción dunha auditoria.
Con este procedemento, o concello quere establecer as actuacións precisas que permitan mellorar a eficiencia do sistema de abastecemento de auga potable. A lei 9/2019 do 11 de decembro establece a obrigatoriedade dos concellos para redactar estes procedementos.
Barbadás quere reducir as perdas de auga
A diferencia entre a auga subministrada e a auga rexistrada indica o volume de perda da rede. Unha vez feito o estudo, a auditoría establecerá as accións a seguir. Nestes momentos, calcúlase unhas perdas do 18% do abastecemento de auga, cota que se pretende reducir por debaixo do 10%.