Recortes Cero solicita unha blindaxe constitucional para a revaloración das pensións como resposta á polémica xurdida nas últimas horas.
O cruce de acusacións entre os principais partidos políticos de España sobre a revaloración das pensións en relación coa suba do IPC xa ten resposta no partido Recortes Cero.
Blindaxe constitucional para a revaloración das pensións
Nuria Suárez, candidata desta formación, indicou que «as pensións públicas só se blíndan prohibindo de forma explícita a privatización e a perda de poder adquisitivo na Constitución». Parella a esta reclamación tamén fan unha solicitude para que a pensión mínima sexa equivalente ó SMI. «Que non exista ningunha pensión por baixo de 1080 euros, é parte fundamental dunha política para redistribuír a riqueza».
