Noticias

O BNG pide desculpas ao Athletic e censura ao alcalde de Ourense

O BNG de Ourense expresou esta mañá o seu rexeitamento absoluto ás declaracións realizadas polo alcalde Gonzalo Pérez Jácome sobre o Athletic Club de Bilbao. Este club será o rival do Ourense CF nos dezaseisavos de final da Copa do Rei.

A valoración fixérona no Consello Municipal de Deporte celebrado no salón de Plenos da Casa do Concello.

O BNG pide desculpas ao Athletic e censura ao alcalde de Ourense

O portavoz nacionalista, Luís Seara, afirmou que “esas declaracións non as fai un veciño ou veciña na barra dun bar, fainas o Alcalde que representa ao conxunto da veciñanza e tamén ao conxunto dos clubes deportivos de Ourense”. Para Seara, esas palabras evidencian “que Gonzalo Pérez Jácome descoñece o que é a xenofobia”.

O BNG pide desculpas ao Athletic e censura ao alcalde de Ourense
Luís Seara. Portavoz do BNG no Concello de Ourense

Durante a reunión, o portavoz do BNG asegurou que os comentarios do rexedor tamén ignoran a filosofía do Athletic Club. “Se algún equipo se caracteriza pola integración é o Athletic Club de Bilbao”, afirmou Sera. Engadiu que ese tipo de declaracións “deixan a imaxe de Ourense polo chan e colocan aos clubes deportivos que compiten fóra das nosas fronteiras nunha situación moi delicada”.

Seara trasladou ademais as desculpas do BNG ao club vasco: “á súa directiva, aos xogadores e ás aficionadas e aficionados, porque para nós si que é un auténtico privilexio xogar cun equipo que é historia viva do balompé e que ademais é o segundo equipo que máis Copas do Rei leva gañado. Non é desde logo unha pedrea, é un auténtico privilexio poder xogar contra eles”.

Publicaciones relacionadas
Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.