Noticias

O Entroido de Ourense 2026 premia as mellores comparsas e carrozas

O Entroido de Ourense 2026 encheu esta tarde as rúas da cidade de cor, música e creatividade co tradicional desfile de comparsas e carrozas, un dos actos centrais destas festas de inverno.

Centos de persoas seguiron o percorrido para gozar dun espectáculo no que a imaxinación e o traballo colectivo volveron ser protagonistas.

O Entroido de Ourense 2026 premia as mellores comparsas e carrozas

O concurso organizado polo Concello recoñeceu o esforzo das agrupacións participantes, valorando aspectos como a orixinalidade, o vestiario, a posta en escena e a animación durante o desfile.

O Entroido de Ourense 2026 premia as mellores comparsas e carrozas
Foto: Concello de Ourense

O xurado acordou outorgar os seguintes premios:

Comparsas con máis de 10 compoñentes

  • 1º premio (1.500 €): Os parrandas do Irixo, Tania Gallego.
  • 2º premio (1.000 €): Enxame da Auria, Asociación Cultural Os Lolailos.
  • 3º premio (800 €): Guardianes del fuego, Asociación Cultural Os Arrieiros de Dacón.
  • 4º premio (500 €):
    • Poker premium, Diego Vázquez.
    • Azucarados de Maside, Asociación Cultural Os Azucarados de Maside.
    • Rollinds, Club Roller Ourense.
    • De safari, Asociación Amigos de Partovia.
Os Parrandas do Irixo. Foto: Helena Iglesias

Comparsas con menos de 10 compoñentes

  • 1º premio (500 €): Chapa-Chips Os dragóns da Ribeira Sacra, Nogueira de Ramuín.

Premios especiais comparsas

  • A máis numerosa (500 €): Estilo Libre Bollywood, Escuela de danza Estilo Libre.
  • A máis enxeñosa (500 €): Hagan juego, José Manuel Sousa.

Carrozas

  • Mellor deseño, execución e posta en escena (1.000 €): Rexoubeiros Aladin, Asociación Os Rebouxeiros.

O desfile do Entroido de Ourense 2026 confirmou o alto nivel das agrupacións participantes e a implicación do tecido asociativo da cidade e da provincia, consolidando esta celebración como unha das citas festivas máis destacadas do calendario ourensán.

Botón volver arriba