O BNG de Ourense organizou un Obradoiro de Ideas coa participación de persoas pertencentes ó ámbito cultural, deportivo, social, empresarial ou educativo.
O Centro Cívico da rúa Colón acolleu onte unha xornada de traballo organizada polo BNG de Ourense. O Obradoiro de Ideas contou coa participación de persoas de distintos ámbitos que aportaron numerosas propostas.
O BNG organizou un Obradoiro de Ideas
Algunhas das propostas estarán recollidas no programa electoral das vindeiras eleccións municipais de maio de 2023. As conclusións desta xornada quedarán recollidas nun documento que contará con cinco eixes.
Ourense como…
- concello acolledor,
- como concello sostible e da auga,
- concello en movemento,
- como concello creativo e
- concello económicamente activo