Noticias

BNG reclama máis servizos públicos contra a violencia machista

O BNG de Ourense presentou hoxe a súa campaña do 25N baixo o lema “Contra a violencia machista, máis servizos públicos. Máis feminismo”, unha mensaxe coa que a deputada Noa Presas insistiu na necesidade de reforzar a atención pública ás vítimas.

Presas advertiu de que a Xunta “está privatizando servizos clave na atención ás mulleres”, ao lembrar que o Goberno galego entregou á xestión privada os centros de crise 24 horas, a rede de acollemento e, recentemente, os futuros CIM móbiles. “No BNG queremos poñer o acento nun problema moi grave: a Xunta de Galiza está privatizando todos os servizos que pode e que teñen que ver coa atención ás vítimas de violencia machista”, sinalou.

BNG reclama máis servizos públicos contra a violencia machista

A deputada asegurou que esta situación “é algo que non podemos tolerar”. Reclamou que estes recursos “sexan servizos públicos, cun reforzo da atención psicolóxica, da asistencia nos xulgados e doutras áreas fundamentais para o acompañamento das vítimas”.

BNG reclama máis servizos públicos contra a violencia machista
Foto: BNG

Nun contexto no que, segundo Presas, medran o “cuestionamento e o negacionismo”, o Bloque aposta por “máis feminismo contra a violencia machista”. Presas chama a participar activamente nas mobilizacións deste 25 de novembro. “O 25 de novembro estaremos nas rúas, da man do feminismo galego de base, berrando alto e claro: contra a violencia machista, ningún paso atrás!”, concluíu.

Acto no Carballiño o 19 de novembro

Como parte da campaña, o mércores 19 de novembro a Casa da Cultura do Carballiño acollerá a proxección do documental “Tódalas mulleres que coñezo”. A sesión incluirá un faladoiro con Xiana Teixeiro, directora do filme; Antía Pousa (Xeracción S. Coop Galega) e Fátima Gómez, integrante da agrupación AMICA do Carballiño.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.