Noticias

O BNG valora as posibles mocións de censura

O BNG valora as posibles mocións de censura que poderían realizarse no concello de Ourense e na Deputación Provincial.

Os portavoces do BNG en ambas institucións, Luís Seara e Bernardo Varela indicaron que «o Partido Popular fixo a Jácome Alcalde hai cinco anos, volveuno facer Alcalde hai un ano, pese a todo o acontecido no mandato anterior e non dubidamos que o voltarán facer Rexedor se o precisan dentro de tres».

O BNG valora as posibles mocións de censura

Esta valoración responde á proposta de moción de censura do PSdeG-PSOE no concello de Ourense e a réplica de Pérez Jácome na Deputación Provincial.

«O primeiro que ten que facer o PP para ser cribe é que o seu máximo responsable, Alfonso Rueda e a súa Secretaria Xeral e asinante do acordo Paula Prado, rachen públicamente o mesmo e pidan disculpas á veciñanza de Ourense polo dano causado», indican os portavoces.

O BNG valora as posibles mocións de censura
Foto: BNG

Ante esta situación, desde o BNG piden seriedade ós partidos políticos. «O BNG non ten ningún problema en reunirse nin en falar pero que deixen de enganar á veciñanza. Levamos tres anos falando de posíbeis mocións de censura e alimentando unhas expectativas que non son reais».

Para rematar a valoración, desde o BNG lembran que «o que está acontecendo estes días nin é serio nin ofrece credibilidade. O único que temos é un anuncio a través dunha rolda de prensa e unha suposta convocatoria a través dunha mensaxe de whatsapp, fume nada máis. O único real e certo é o acordo asinado en xuño de 2023 entre PP e DO».

Botón volver arriba