Eventos

O Irixo revive a tradición coa III Bullada de Outono

O Irixo acollerá o vindeiro 4 de outubro a III Bullada de Outono, unha cita co baile e a música tradicional que terá lugar no polideportivo municipal.

A iniciativa, promovida pola Banda de Gaitas e Danzas O Irixo e a Asociación de Gaiteiros do Irixo, pretende recuperar o espírito das antigas bulladas, nome popular co que se coñecían as foliadas na comarca.

O Irixo revive a tradición coa III Bullada de Outono

A programación arrancará ás 18:00 horas cun obradoiro de baile tradicional impartido por Ismael Rodríguez. A partir das 19:00 horas, darán comezo as actuacións de diferentes grupos convidados, que desembocarán nunha foliada aberta ao público asistente.

O Irixo revive a tradición coa III Bullada de Outono

O serán incluirá tamén sorteos con premios, para os que xa se poden adquirir rifas, así como postos de comida e bebida con opcións frías e quentes para facer fronte ás baixas temperaturas do outono.

Un dos aspectos máis destacados desta edición é a colaboración con asociacións, colectivos e produtores locais, aos que se lles ofrecerá un espazo propio para dar visibilidade ás súas iniciativas. Con esta novidade, a organización busca promover o asociacionismo, a diversidade cultural e o consumo de proximidade, reforzando así o tecido social e económico do concello.

A Bullada de Outono do Irixo presenta unha ocasión única para celebrar a chegada da nova estación a través da música, a danza e a convivencia, recuperando tradicións e adaptándoas ao presente.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.