Noticias

O PSOE provincial desautoriza a moción de censura no Irixo

O PSdeG-PSOE provincial desautoriza a moción de censura que foi presentada no concello do Irixo o pasado 26 de decembro.

Esta moción, apoiada polos concelleiros do PP e o PSOE quitaría da alcaldía a Susana Iglesias do partido Xuntos polo Irixo.

O PSOE provincial desautoriza a moción de censura no Irixo

A Comisión Executiva Provincial do PSdeG-PSOE desvincúlase deste proceso que supón a segunda moción de censura deste mandato no concello do Irixo. Foi o PSOE quen apoiou a finais de 2023 unha moción de censura para quitar da alcaldía a Manuel Pereira do PP e entregarlla a Susana Iglesias con quen gobernaron en coalición.

O PSOE provincial desautoriza a moción de censura no Irixo

As malas relacións dentro do grupo de goberno provocaron a saída dos concelleiros socialistas do goberno municipal no verán de 2024. Gobernando en minoría, a alcaldesa Susana Iglesias recibiu críticas do resto de grupos polo seu comportamento e xestión.

Ó ser coñecedores desta moción de censura, desde a Comisión Executiva Provincial manifestaron as seguintes conclusións:

  • Desautorización absoluta: a presentación da devandita moción de censura no Concello do Irixo para o seu posterior debate e votación queda absolutamente desautorizada polos órganos superiores do PSdeG-PSOE.
  • Advertencia disciplinaria: amais de non avalar este acto, advertimos ás concelleiras do grupo socialista do Irixo que, de non atenderen esta desautorización, de inmediato se emprenderán as accións disciplinarias e regulamentarias pertinentes contra quen incumpra esta indicación dentro do grupo municipal socialista ou da Agrupación Municipal do Concello do Irixo.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.