Eventos

Barbadás abre o prazo de inscrición para o Campamento de Inglés 2025

O Campamento de Inglés de Barbadás 2025 celebrarase do 23 ao 30 de xuño no Parque da Solaina, en horario de 9:00 a 14:00 horas

O Concello de Barbadás vén de facer públicas as bases reguladoras do Campamento de Verán de Inglés 2025.

Barbadás abre o prazo de inscrición para o Campamento de Inglés 2025

Esta actividade está dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 14 anos que combina aprendizaxe e lecer para fomentar o uso do inglés dun xeito lúdico.

O campamento desenvolverase nas instalacións municipais do Parque da Solaina entre o 23 e o 30 de xuño, en horario de mañá, de 9:00 a 14:00 horas. A iniciativa require un mínimo de 20 participantes para levarse a cabo e ofrece un máximo de 50 prazas.

O prazo de inscrición estará aberto do 19 ao 30 de maio. As solicitudes deben presentarse nos lugares habilitados polo Concello. O listado provisional de admitidos/as publicarase o 5 de xuño na web oficial do Concello de Barbadás. O listado definitivo poderá consultarse a partir do 13 de xuño.

Con esta proposta, o Concello de Barbadás continúa apostando pola conciliación familiar durante o verán e pola aprendizaxe de idiomas desde a infancia.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.