O candidato de Podemos reúnese coa Asociación de Diabetes Auria para coñecer as problemáticas que sofren este colectivo e as posibles solucións.
Víctor Ferreiro, candidato de Podemos pola provincia de Ourense, reuniuse con membros da Asociación de Diabetes Auria.
O candidato de Podemos reúnese coa Asociación Auria
Durante o encontro, Ferreiro coñeceu os riscos de saúde ós que se enfrontan que as persoas con diabetes. Listas de agarda para realizar estudos de fondo de ollo ou o custe de tiras reactivas que en Portugal teñen un prezo inferior ó 50% que en Galicia. «É imperativo mellorar a información e a educación proporcionadas aos pacientes con esta enfermidade, así como a formación precisa dos equipos sanitarios», indicou Ferreiro.
Tras rematar a reunión, o cabeza de lista de Podemos por Ourense para as próximas eleccións autonómicas sinalou que «non comprendemos por que, sendo un colectivo tan amplo con 14,000 pacientes diagnosticados só na cidade, non contan cunha Unidade de Pé Diabético, mentres que, por exemplo, na Coruña si a teñen. De igual xeito, non compartimos a falta de asignación de recursos humanos e materiais por parte do Goberno da Xunta para establecer unha unidade de día, semellante ás existentes para outras enfermidades como toxicoloxía ou psiquiatría».