A I Carreira pola Igualdade que organiza o Concello de Barbadás celebrarase o 9 de marzo ás 11h cun percorrido que comezará no Polideportivo municipal.
O obxectivo desta proba deportiva é reivindicar a igualdade e axudar ás persoas máis necesitadas.
I Carreira pola Igualdade en Barbadás
Toda a recadación que obteña mediante as inscricións dos participantes será doada ó Banco de Alimentos. Poden participar nesta proba persoas de todas as idades que a poden realizar camiñando, correndo, en bicicleta, patín, cadeira de rodas, etc…
Elisabet González, concelleira de Igualdade, destaca esta carreira «que reivindicará a igualdade no marco da programación polo 8M e volverá a demostrar a solidariedade dos nosos veciños e veciñas».
As persoas inscritas poden recoller o seu dorsal e a camiseta conmemorativa no Polideportivo Municipal de Barbadás de mércores a venres en horario de 7 a 13h e de 16 a 22h.