A mostra «Castelao Grafista» chega ó Barco de Valdeorras para estar exposta desde hoxe ata o próximo 11 de febreiro de 2024.
A colaboración entre Afundación, o concello do Barco de Valdeorras e ABANCA permite levar a cabo esta proposta cultural.
Castelao grafista chega ó Barco de Valdeorras
Castelao grafista reúne unha colección de facsímiles entre os que atoparemos debuxos, retratos fotográficos, portadas de revistas e caricaturas. Esta mostra estará exposta na Sala ABANCA do Barco de Valdeorras os venres de 18 a 20:30h, sábados de 12 a 14h e de 18 a 20:30h, e os domingos de 12 a 14h.