O CEIP Saco e Arce de Toén celebra o Día do Libro cunha actividade na que contarán coa presenza do escritor Justo Calviño.
A AFA (Asociación de Familias do Alumnado) do Colexio Saxo e Arce de Toén é a encargada de organizar esta actividade na que participará o alumnado do centro educativo.
O CEIP Saco e Arce celebra o Día do Libro
Justo Calviño publicou «Os Contos do Avó» no ano 2022 recibindo unha boa acollida por parte dos lectores que mercaron o libro. A boa venta de exemplares fixo que a editorial Toxosoutos tivera que realizar unha segunda edición para atender a demanda existente.
Algúns dos relatos recollidos no libro «Os Contos do Avó» teñen lugar no concello de Toén. O alumnado do Saco e Arce poderá coñecer de primeira man algunhas das lendas que sucederon no seu concello e que Calviño recolleu no seu libro.