Noticias

O PSdeG-PSOE propón un centro de día para maiores en A Merca

O PSdeG-PSOE da Merca presentou unha moción para debate en pleno co obxectivo de impulsar a creación dun centro de día para persoas maiores no antigo centro de saúde do municipio.

Os socialistas sinalan que o concello carece dunha infraestrutura adecuada para atender as necesidades da veciñanza de maior idade.

O PSdeG-PSOE propón un centro de día para maiores en A Merca

Segundo o grupo municipal socialista, o edificio en desuso sería idóneo para acoller este servizo, xa que podería adaptarse de forma eficiente.

O PSdeG-PSOE propón un centro de día para maiores en A Merca
Foto: PSdG

Destacan que o antigo centro de saúde cumpre requisitos como localización céntrica, boas conexións de transporte, dimensións suficientes para salas de terapia, comedores e despachos, e estrutura adaptable á normativa de accesibilidade e seguridade.

O voceiro do PSdeG-PSOE, Carlos Sousa, afirma que A Merca precisa dun recurso esencial como este centro de día. Sinala que este espazo ofrecería atención integral a persoas maiores con dependencia física ou cognitiva que non requiren internamento. Sousa subliña que as terapias de estimulación, actividades socio-culturais e servizos asistenciais favorecerán a socialización, combaterán a soidade non desexada e garantirán apoio ás familias coidadoras.

Sobre a elección do antigo centro de saúde, Sousa insiste en que é a opción máis rápida, eficiente e económica. Esto permitiría evitar longos prazos e os altos custos dun novo edificio, acelerando a posta en marcha do servizo.

O PSdeG-PSOE lembra que máis do 60% da poboación de A Merca ten máis de 65 anos. Esta cifra vai en aumento e xera unha crecente demanda de servizos sociais especializados. O novo centro garantiría autonomía e calidade de vida para os maiores e apoio ás súas familias.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.