Eventos

Certame Galego de Bandas de Música

O Certame Galego de Bandas de Música terá lugar os días 3 e 4 de decembro no Auditorio Municipal Ilduara de Celanova.

A edición de 2022 do Certame Galego de Bandas chega á provincia de Ourense rompendo a tradición de celebralo no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela (14 edicións anteriores).

Certame Galego de Bandas de Música

As circunstancias provocan que a XV edición deste certame sexa unha versión reducida do que soe ser habitual neste evento. Apenas unhas poucas bandas de música das moitas que existen en Galicia estarán presentes en Celanova.

A música de Ourense terá un peso importante neste certame coa presenza de varias agrupacións. De feito, Ourense non só acolle a edición de 2022 se non que a participación dos grupos ourensáns e o apoio do concello de Celanova e a Deputación Provincial de Ourense son decisivas para o funcionamento do certame.

Programa do XV Certame Galego de Bandas de Música

Certame Galego de Bandas de Música

Como na actual edición do Certame Galego de Bandas non participan bandas das categorías segunda ou primeira, o programa queda da seguinte forma:

Sábado, 3 de decembro

Terceira categoría

  • 17h – Banda de Música Municipal de Caldas de Reis
  • 18h – Banda de Música Santádega
  • 19h – Banda de Música de Lourenzá
  • 20h – Agrupación Musical da Limia

Domingo, 4 de decembro

Categoría Infantil

  • 12h – Chikiband (Xinzo de Limia)
  • 12:30h – Banda de Música infantil de Rubiós

Categoría Xuvenil

  • 17h – Banda Xuvenil da Escola de Música de Silleda
  • 18h – Banda Xuvenil de Celanova

Membros do Xurado

O Xurado da actual edición do certame de Bandas de Música estará composto por:

  • David Rivas
  • Francisco Ferreira
  • Kevin Houben

Botón volver arriba