Este venres, 24 de xaneiro, terá lugar unha charla informativa sobre agresións sexuais e violencia sexual no concello de Barbadás.
Esta charla terá lugar nas instalacións municipais do Parque da Solaina ás 19h.
Charla sobre agresións sexuais e violencia sexual en Barbadás
María Angélica Mercado Torres impartirá esta charla informativa que promove a Secretaría Xeral de Igualdade en colaboración coa FEGAMP e o concello de Barbadás. Especialista universitaria en estudos de xénero e políticas de igualdade, Mercado Torres tratará temas de actualidade como a tipoloxía de violencia sexual ou o consentimento.
Tamén se abordarán durante este encontro outros aspectos desta temática como os estereotipos de xénero, a cultura da violencia ou os recursos relacionados coa violencia sexual.
