Unha charla e posterior viaxe ó CGAC (Centro Galego de Arte Comtemporáneo) é a proposta que Olga Pastor Alvarado e o Ateneo de Ourense nos propoñen para os próximos días.
O martes, 30 de maio, o Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense acollerá unha charla a cargo da experta en arte Olga Pastor.
Charla e viaxe ó CGAC con Olga Pastor
A charla terá como fío condutor a actividade das «Guerrilla Girls», movemento feminino que loita desde os anos 80 pola igualdade racial e de xénero no mundo das artes.
A viaxe ó CGAG será o sábado, 3 de xuño. O programa da xornada incluirá unha visita guiada pola CGAG. Tralo xantar, unha nova visita á CGAG permitirá gozar da exposición das Guerrilla Girls.